Mes frío con repetidas entradas de aire frío procedente do norte.
O mes de novembro caracterizouse en xeral pola repeticion de situacions de circulacion
do norte, que deixaron tempo frio, e moi humido norte de A Coruna, e na provincia de
Lugo; na provincia de Ourense as chuvias rexistradas achegaronse moito as normais
para esta epoca do ano. Se embargo nas areas menos afectadas polo norte, como son o
sur e o oeste de A Coruna e particularmente a provincia de Pontevedra, o mes resultou
seco, sempre comparando coa media historica neste mes.
Os primeiros 6 dias de novembro estiveron caracterizados pola presencia dunha masa de
aire frio desprendida da circulacion de latitudes mais o norte. Esta masa de aire frio
alimentou unha borrasca que estivo centrada o norte da Peninsula Iberica, deixando polo
tanto ventos de norte, con frio en xeral, pero chuvias mais concentradas no tercio norte e
mais dispersas no resto. Este episodio rematou coa entrada dunha fronte fria asociada a
unha baixa centrada sobre Irlanda. Ata a xornada do 11 tivemos 4 dias con ventos de
componente oeste, temperaturas mais suaves e chuvias mais xeneralizadas. Os dias 12 e
13 foron de transicion con progresiva entrada anticiclonica. Entre os dias 14 e 17 de
Novembro Galicia estivo baixo condicions netamente anticiclonicas, que deixaron ceos
despexados e temperaturas altas en toda Galicia, sendo este o unico periodo en que toda
Galicia rexistrou temperaturas altas para o mes de novembro.
*
Entre o 18 e o 22 asituacion foi intermedia, movendose as altas presions cara o oeste, dando lugar a entradade ventos de componente norte. Neste dias o contraste entre o norte e o sur de Galicia oi moi evidente, con nubes e chuvias no norte e ceos mais abertos no sur. A partir dodia 23 entrou unha primeira masa de aire frio procedente do Atlantico norte, que deixou
neve por riba dos 900 metros de altura o 24 e o 25. As xornadas do 26 e 27 estiveron
caraterizadas polos ceos mais despexados, pero con permanencia da bolsa de aire frio,
de xeito que as xeadas foron intensas. A xornada do 27 de novembro foi a mais fria do
ano en moitos puntos de Galicia. Finalmente o mes terminou cunha nova entrada de aire
polas maritimo que fixo descender a cota de neve ata os 700 metros o 28 e 29,
acumulandose cantidades importantes de neve en todalas areas de montana de Galicia.
Chuvia: As precipitacions estiveron por riba da media no norte de A Coruna e na
provincia de Lugo, quedando en valores normais en Ourense. Sen embargo, as areas
mais protexidas do norte como o suroeste de A Coruna e a provincia de Pontevedra
rexistraron precipitacions por debaixo do normal. Asi, Ferrol rexistrou 19 dias de
chuvia, mentres que este valor en Pontevedra reducese ata 11.
Temperatura: As temperaturas foron en xeral baixas ou moi baixas, con diferencias de
ata 2ºC con respecto a media historica. Isto e debido a que salvo dous curtos periodos o
predominio foi de ventos de componente norte, que achegaron masas de aire moi frio e
humido.
Fuente: METEOGALICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario