Meteograma para O Barco de Valdeorras +48h

lunes, 7 de febrero de 2011

MeteoGalicia ya tiene su radar


Imaxe do novo radar de MeteoGalicia na sua web
Radar MeteorolóxicoO radar meteorolóxico é un dispositivo de teledetección capaz de localizar
precipitacións, calcular o seu movemento, estimar a súa composición e ata prever a súa evolución a moi curto prazo.
O seu funcionamento baséase na emisión de pulsos electromagnéticos da orden do
microsegundo nunha determinada dirección. Os pulsos poden xerarse mediante un
magnetrón, un transmisor klystron o un transmisor de estado sólido. Estes conéctanse
por medio dunhas guías de onda a unha antena parabólica. Os pulsos propáganse pola
atmosfera á velocidade da luz. No seu traxecto, as ondas electromagnéticas poden
interactuar coas partículas, especialmente hidrometeoros, que difunden en todas as
direccións a onda incidente. Unha parte da radiación difundida é recibida pola antena, amplificada e procesada. Os datos recibidos proporcionan información sobre a distancia á que se encontra a partícula, as súas dimensións e, no caso dos radares máis modernos,a súa velocidade e composición.


Novo radar de Meteogalicia no monte Xesteiras
O radar propiedade da Xunta de Galicia é un radar doppler de polarización dual que
emite ondas electromagnéticas na banda C (4-8 GHz). Está ubicado no alto do Monte
Xesteiras (42.61º N, 8.19º W; 750 m s. n. m.; Fig. 4), no concello de Cuntis
(Pontevedra). Esta posición permite ter unha excelente visión das frontes que se
achegan a Galicia dende o Océano Atlántico e monitorizar con elevada precisión a súa
evolución ata o límite oriental da Comunidade.

Fonte: Meteogalicia

No hay comentarios: